CRTVG

Buscar

Ducias de rúas viguesas xa teñen instaladas as luces de nadal

Publicado o 05/10/2020 21:06

Aínda non fixemos o cambio de armario e en Vigo xa están colocadas as luces de nadal en numerosas rúas.

Este ano haberá máis luces e máis rúas iluminadas. A empresa encargada comezou a súa instalación un mes antes, en agosto, pero non fixeron a súa montaxes ata hai uns días e xa son visibles. E se nas rúas as luces están colocadas nalgún establecemento xa teñen a venda os adornos.

O que aínda non está moi claro é cando imos colocar a árbore nas nosas casas.

As axencias xa ofertan paquetes para vir a Vigo a ver as luces e xa se fala da súa colocación en Inglaterra ou Italia.

Noticias web

05/10/2020