CRTVG

Buscar

Dúas toneladas e media de material pirotécnico para os Fogos do Apóstolo

Publicado o 22/07/2021 14:55

Persoal da pirotecnia Ricasa traballa na preparación do das Cancelas, un dos puntos desde onde botarán os Fogos do Apóstolo pasado mañá. Van montando o que será un espectáculo pirotécnico sincronizado cos outros sitios de disparo: monte Gaiás, O Restollal, As Fontiñas e a carballeira de Santa Susana.
Os cinco serán exactamente iguais, sincronizados e buscando o efecto de 360 graos ao redor de Santiago.

Juan Manuel Humanes, coordinador da montaxe pirotécnica: "Durante quince minutos imos ver cinco espectáculos de 506 quilos de material pirotécnico cada un. En quince minutos esta cidade vai gozar en total de dúas toneladas e media de pirotecnia e de fogos artificiais".

Esta pirotecnia xa traballou aquí noutros anos, non así en 2020, en que tamén houbo cinco localizacións e ao que corresponden estas imaxes. O presuposto de 290.000 euros deste ano é dos maiores só para Fogos do Apóstolo.

O Coordinador da montaxe pirotécnica explica que "por iso esa gran cantidade de fogo, por iso as cinco localizacións e tan grande en cada unha delas. Antes esas partidas presupostarias segregábanse en audiovisual, sonorización... e quedaba unha parte para pirotecnia. Agora ese presuposto íntegro é para pirotecnia".

De momento as condicións atmosféricas son das mellores posibles para a montaxe da material nos morteiros de lanzamento. Este profesionais non ven maior problema en que poida chover á hora de disparar os foguetes.

"Unha vez que o espectáculo pirotécnico está montado, tapado e demais, para nós que chova non é problema, a non ser que caia torrencialmente. É un condicionante que encontramos" Di Juan Manuel Humanes.

Só cabe agardar en que o tempo acompañe, sobre todo para quen pense desfrutar ao aire libre do espectáculo máis popular das Festas do Apóstolo.

 

Noticias web

22/07/2021