CRTVG

Buscar

Detectan restos da variante delta na área santiaria da Coruña, que encadea dúas semanas de repuntas

Publicado o 21/06/2021 15:23

Dúas semanas de repuntas volven situar a área sanitaria da Coruña á cabeza da incidencia da covid na nosa comunidade, con 439 casos activos, máis do dobre que os rexistrados en Vigo, a segunda área mási afectada, con 197 casos.

Margarita Poza, coordinadora do CovidBens mantén que "o virus está circulando entre as persoas, incluso entre as que están vacinadas, por iso nós vemos subidas na carga viral".

Con 23 novos contaxios nas últimas horas, a incidencia subiu especialmente en concellos como Malpica. Os 13 contaxios detectados en tres núcleos familiares poderían ter a súa orixe nunha primeira comuñón.

Nas augas residuais de Bens tamén se está a percibir un aumento da carga viral que anticipa novas repuntas nos casos, aínda que polo de agora non se relaciona coa variante delta, xa presente na depuradora coruñesa.

A coordinadora do CovidBens mantén que "a variante delta,polo de agora está a unha frecuencai baixa, pero nunhas semanas sí será a predominte como noutro países europeos".

Os expertos manteñen que esta variante delta é máis contaxiosa, por iso,inciden na necesidade de completar as pautas de vacinación canto antes.

Noticias web

21/06/2021