Dúas persoas quedan feridas no Porriño no accidente dun camión que transportaba gando

Importantes retencións na AP-9 polo accidente dun camión. O sinistro produciuse no quilómetro 18 da A-55. O camioneiro circulaba en sentido a Vigo, cando por causas que se descoñecen perdeu o control do vehículo. Como consecuencia do impacto o camión envorcou.
En total levaba 40 reses, que xa foron trasladadas a outro camión. Ata o lugar do suceso trasladáronse os Bombeiros do Porriño, a Garda Civil, a Policía Local e os servizos de emerxencias. Os dous ocupantes do camión quedaron feridos aínda que non están graves. O condutor que sufriu diversas contusións foi trasladado por unha ambulancia do 061 ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.
Este aparatoso accidente obrigou a pechar un carril da A-55, o que está a provocar retencións quilométricas na autovía. Ademais tamén traballa na zona o servizo de mantemento de estradas e está previsto que en breve se inicien os labores de retirada do camión sinistrado.