CRTVG

Buscar

Dúas persoas mortas nas protestas contra a reforma fiscal en Colombia

Publicado o 29/04/2021 08:49
Dúas persoas mortas nas protestas contra a reforma fiscal en Colombia

Colombia viviu este mércores unha xornada de protestas contra a reforma fiscal que acabou con violencia e dúas persoas mortas. Os enfrontamentos entre grupos violentos e a policía sucedéronse en distintos puntos, pero foi en Bogotá e Cali onde alcanzaron máis virulencia.

A xornada de mobilización tiña como fin pedir que o Congreso non aprobe unha reforma tributaria do Goberno que sobe impostos de produtos básicos. En Cali, os actos vandálicos desatáronse a partir do derrubamento da estatua do fundador da cidade, o conquistador español Sebastián de Belalcázar.

O presidente de Colombia, Iván Duque, afirmou que o que pasou onte en moitos lugares do país foi vandalismo criminal. Ademais das dúas persoas mortas, os disturbios deixan 26 detidas e ducias de feridas, entre elas, 44 policías.