Dúas persoas mortas e catro intoxicadas no incendio dunha vivenda en Xirona

Dúas persoas morreron e catro intoxicáronse por inhalación de fume no incendio dunha vivenda no concello de Cassà da Selva, na provincia de Xirona.
Segundo informaron os bombeiros da Generalitat, o incendio, que xa está extinguido, iniciouse, por motivos que se investigan, sobre as 8:40 horas deste venres no baixo dun edificio, situado na rúa do Raval, onde os equipos de emerxencias localizaron dúas vítimas mortais.
Ademais, outras catro persoas intoxicáronse por inhalación de fume. Tres tiveron que ser evacuadas ao hospital Santa Caterina, en Salt, e a outra foi dada de alta no lugar.
Os bombeiros desprazaron dez dotacións terrestres para apagar o lume. Tras ventilar o edificio, de cinco andares, os veciños que saíran polo seu propio pé puideron regresar aos seus domicilios.
Arestora revisan o bloque e o adxacente para determinar o estado en que quedaron polo efecto das lapas. Segundo publica o Diari de Girona, a vivenda estaba ocupada e tiña a luz enganchada.