Dúas persoas morren calcinadas nun accidente de tráfico en Áraba
Publicado o 25/06/2021 19:42
Accidente mortal en Áraba na AP-1. Dúas persoas morreron calcinadas ao chocar o seu coche contra un camión. O vehículo articulado bateu co turismo e ambos os dous arderon. Ao apagar o lume, a Ertzaintza descubriu os cadávares calcinados.
O camión circulaba a unha velocidade inadecuada e chocara primeiro contra unha cabina da peaxe da autoestrada. O camioneiro, que resultou ferido leve, foi detido por un presunto delito de morte por imprudencia grave. O sinistro tivo lugar na peaxe de Etxabarri-Ibiña, na provincia de Áraba.