CRTVG

Buscar

Dúas persoas faleceron calcinadas nunha forte colisión nunha peaxe de Áraba

Publicado o 25/06/2021 09:59
Dúas persoas faleceron calcinadas nunha forte colisión nunha peaxe de Áraba

Todo aconteceu pasadas as 11 da noite. Por causas que aínda se investigan, un camión arremeteu contra un coche que estaba parado na peaxe. Como consecuencia do forte impacto os dous vehículos comezaron a arder.

Os falecidos son os dous ocupantes do turismo. Os equipos de emerxencia, trasladados ao lugar, tan só puideron confirmar a súa morte cando conseguiron apagar as lapas. O coche tiña matrícula francesa e arestora trabállase para identificar os mortos.

O condutor do camión quedou ferido leve e foi trasladado ao hospital de Vitoria. Está detido por un presunto delito de homicidio imprudente.

Os restos dos vehículos queimados están sendo aínda retirados da autoestrada, polo que a AP-1 permanecía cortada a primeiras horas deste venres, nese treito onde tivo lugar o sinistro.