CRTVG

Buscar

Dúas mortes elevan a 2.378 os falecementos por covid−19 en Galicia

Publicado o 21/04/2021 21:15
Dúas mortes elevan a 2.378 os falecementos por covid−19 en Galicia

Dúas mortes de persoas que contraeron a covid−19 notificadas este mércores elevaron a 2.378 os falecementos causados polo virus responsable da pandemia en Galicia.

Os decesos, informa a Consellería de Sanidade, son, nesta xornada, o dunha muller de 84 anos no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) e, o día 19, o dunha unha muller de 101 anos no seu domicilio de Poio, na área sanitaria de Pontevedra.

Sufrían patoloxías previas, indica a Xunta.