CRTVG

Buscar

Dúas mortes elevan a 2.331 os falecidos por covid−19 en Galicia

Publicado o 25/03/2021 20:44
Dúas mortes elevan a 2.331 os falecidos por covid−19 en Galicia
Dúas mortes de persoas que contraeron a covid−19 notificadas este xoves polo Sergas elevaron a 2.331 os falecementos en Galicia por causa da enfermidade desde o inicio da pandemia.
O deceso correspondente a esta xornada é o dunha muller de 95 anos, no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC); na véspera, morreu unha muller de 77 no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS). As dúas falecidas tiñan patoloxías previas, segundo o Sergas.