Dúas irmás con síndrome de Jarcho Levin piden ser vacinadas
María e Verónica son dúas irmás de 30 e 32 anos que padecen a síndrome de Jarcho Levin. Considerada enfermidade rara, esta patoloxía provoca malformacións na caixa torácica, o que afecta tamén os pulmóns. Por este motivo levan máis dun ano sen saír dos límites da súa casa no Rial, de Sabucedo, no concello Ourensán de Porqueira.
Para elas contaxiarse da covid-19 sería letal. Por iso piden que se lles inclúa nun grupo de vacinación preferente como xa se fai noutros países.Coa axuda altruísta dun despacho de avogdaos xa iniciaron varios trámites institucionais para conseguilo. Ademais abriron unha campaña a través da plataforma change.org. na que xa superaron as 20.000 sinaturas.
Aseguran que, se fai falla, acudirán a instancias superiores para conseguir que María e Verónica poidan recuperar, aínda que coas precaucións necesarias, parte da súa vida.