CRTVG

Buscar

Dúas galegas participan na primeira liga da historia para Arraun Lagunak

Publicado o 15/08/2021 14:46

Para gañar unha bandeira de Zarautz hai que rematar coas mans esnaquizadas. Por cuarta temporada consecutiva Hondarribia levou unha das regatas máis cobizadas da temporada. Tivo que facer unha fazaña, recuperoulle oito segundos a Santurtzi no último longo. Ese é o gran duelo da Liga ACT que chegou á súa máxima expresión nesta xornada do domingo.
As traiñeiras galegas saen de Zarautz con dúbidas. Cabo foi a penúltima clasificada. Mesmo perdeu o duelo coa pechacancelas da liga. E todo a quince días da clasificatoria da Concha. Tirán acabou no último posto. Ten sete puntos de marxe co descenso pero demostrou faltarlle ritmo nas regatas en mar aberto.
En Zarautz tamén se decidiu a liga en categoría feminina. Por primeira vez na historia o triunfo foi para Arraun, un equipo modesto con dúas galegas no seu plantel. Alejandra Ríos e Laura Martínez achegaron o meirande trofeo no mundo do remo á ría de Arousa.

Noticias web

15/08/2021