Dúas furgonetas quedan completamente calcinadas tras un incendio en Vigo
Publicado o 19/10/2020 15:24
Dúas furgonetas quedaron completamente calcinadas en Vigo. O lume tamén afectou a parte traseira dun remolque vivenda.
O incendio iniciouse pouco antes das sete desta mañá. Os tres vehículos afectados estaban aparcados na estrada vella a Madrid e varios particulares alertaron os servizos de emerxencias ao ver as lapas.
Os danos materiais son cuantiosos pero non houbo feridos.