CRTVG

Buscar

Dúas familias ocupan un edificio histórico situado a carón da muralla romana de Lugo

Publicado o 09/09/2021 15:03
Dúas familias ocupan un edificio histórico situado a carón da muralla romana de Lugo

Dúas familias ocuparon un edificio histórico situado a carón da muralla romana de Lugo. Segundo os veciños, levan preto dun mes ocupando este inmoble, abandonado desde hai quince anos e que estaba a piques de ser rehabilitado. Ao parecer os ocupantes protagonizaron discusións de madrugada con fortes berros que alertaron os veciños. Unha das familias xa fora denunciada polas feridas que sufrira un can logo de tiralo supostamente pola ventá doutra vivenda que ocuparan hai dous anos. Nesta ocasión xustifícanse asegurando que a casa é propiedade do bispado e teñen permiso para vivir nela, cando, en realidade, a propietaria é unha empresa construtora.

Noticias web

09/09/2021