Dúas facultades de Pontevedra darán as clases en liña tras varios positivos
É a primeira facultade en Galicia que pecha pola incidencia do coronavirus. Trátase de Ciencias da Educación e do Deporte que se atopa no campus de Pontevedra. Tras unha reunión do comité covid propuxéronlle ao reitor que as clases se deran de xeito telemático. O cuarto curso de Publicidade e Relacións Públicas tamén se impartirá de modo virtual.
"Si, ben, xa nos comentaron os profesores que agora o están facendo por ordenador, pero están á espera do venres a ver como dan as probas. Pola de agora non hai sustos moi grandes."
"Pois, ben, é que é unha medida que é necesaria. Se dan casos positivos pois é unha medida de prevención que creo que é o que hai que facer."
A decisión, que afecta algo máis de 1.500 alumnos, baséase nun principio de prudencia e por tempo limitado. En Ciencias da Educación a docencia telemática continúa mañá, mentres que en Publicidade as clases virtuais impartiranse ata o venres. A Universidade continúa realizando probas serolóxicas aos alumnos.
"O protocolo é que toda a facultade pase por este cribado, por estas probas serolóxicas e aqueles que den positivo, inmediatamente os localizamos para que estén illados e o servizo galego de saúde faille a PCR."
"Pois eu estudo Educación Primaria, estou en terceiro e agora mesmo estamos sen clase ata o mércores para evitar contaxios."
"Está ben tomada, xa que houbo moitos contaxios mellor evitar esta situación, previr e que poidan aumentar."
A situación avaliarase de novo en canto se teñan os resultados das PCR que se van realizar aos posibles positivos.