CRTVG

Buscar

Drons gardacostas para loitar contra o furtivismo e a contaminación

Publicado o 04/06/2021 15:16

O Servizo de Gardacostas de Galicia incorpora ao seu equipo oito drons aéreos e submarinos. Usaranse para tarefas de salvamento e control do furtivismo e a contaminación mariña.

Os gardacostas de Galicia contan desde hoxe cuns novos axudantes. Drons aéreos e submarinos especialmente útiles para o salvamento e a loita contra o furtivismo. O pequeno submarino será os ollos dos axentes no fondo do mar. Retransmite imaxes en directo ao teléfono dos gardacostas e, entre outras cousas, detecta nasas mal caladas a vista de peixe.

De ofrecerlles desde o aire encargaranse estes drons ultralixeiros, ideais para voar sobre as zonas de peor acceso. Os drons repartiranse nas bases da Coruña e Vigo e nunha embarcación itinerante por toda a costa. Con eles a Xunta busca seguir reforzando o Servizo Galego de Gardacostas, único en toda España.

Noticias web

04/06/2021