Dramático rescate dun ancián desorientado na ventá dun piso 12 en Vigo
Publicado o 26/05/2021 14:03

En Vigo, unha axente da Policía Nacional protagonizaba unha dramática secuencia: o rescate dun ancián de case 90 anos, desorientado á beira da ventá dun duodécimo piso. A policía accedeu ao edificio despois de ver o home desde a rúa. Dentro da casa, dúas mulleres pedíanlle axuda porque non eran quen de convencer o ancián de volver dentro. A rápida intervención desta axente salvoulle a vida