CRTVG

Buscar

Doutor Badimón: "É mellor lavar as mans que levar máscara"

Publicado o 24/04/2020 11:02

Os Estados Unidos é o país con maior número de vítimas mortais polo coronavirus, e a zona cero é Nova York.

Juan Badimón é doutor no hospital Mount Sinaí: "Desde hai catro semanas o hospital mandoume á casa. Estamos traballando desde a casa todas as persoas que non somos imprescindibles, e especialmente eu, porque xa teño unha certa idade".

"En Nova York como en todo o mundo estamos ante unha crise dunha implicación social moi importante. Os hospitais víronse sobrepasados pola enorme cantidade de pacientes. Isto está sendo influído por dous aspectos. O primeiro é a velocidade de propagación do virus, e o segundo foi que nos colleu por sorpresa".

"O que ocorreu é que a xente se atopaba mal, ía ás urxencias e contaminaba as demais persoas que estaban na sala e mesmo aos propios médicos. Chegou un momento en que houbo mesmo unha escaseza de persoal sanitario".

"Outra cousa que aconteceu no noso hospital foi que outras especialidades como cardioloxía ou reumatoloxía se tiveron que reconverter para tratar os pacientes da COVID".

"A nivel económico, isto tamén é grave. Nos Estados Unidos pasamos de ter uns dos desempregos máis baixos e actualmente hai 26 millóns de persoas sen traballo. Iso vainos marcar moitísimo".

Loucura coas máscaras

"Unha das cousas que me sorprenden é a loucura que se está desatando en España coas máscaras. As medidas máis eficaces son as preventivas. Isto é a distancia social e a hixiene, lavar as mans moi ben. É máis eficaz lavar as mans cun xel hidroalcólico que usar máscara. Evidentemente, a máscara tamén protexe, pero ten un problema. Se non sabes poñela e se non sabes quitala pódeche dar unha falsa sensación de protección. A máscara só a habería que empregar cando vas a sitios en que non se pode garantir a distancia social".

Noticias web

24/04/2020