CRTVG

Buscar

Dous xornalistas denuncian que os agrediu o presidente da U. D. Ourense

Publicado o 25/11/2019 14:54

Levan arredor de 30 anos cubrindo información deportiva e nunca antes, din, viviran algo semellante. A Unión Deportiva Ourense acaba de gañar o partido fronte o Somozas, no estadio do Couto.

Tras rematar o seu traballo acudiron a un centro médico e a presentar denuncia. Unión Deportiva Ourense emitiu un comunicado apoiando o seu presidente e pedindo aos xornalistas unha rectificación.

Ramón Dacosta, que asumiu a presidencia da Unión Deportiva Ourense hai só uns meses, non quixo facer declaracións sobre o acontecido.

Noticias web

25/11/2019