CRTVG

Buscar

Dous xornalistas afgáns denuncian a malleira que recibiron dos talibáns

Publicado o 10/09/2021 08:36
Dous xornalistas afgáns denuncian a malleira que recibiron dos talibáns

Dous xornalistas afgáns denunciaron unha brutal agresión de milicianos talibáns. Os dous reporteiros, de 22 e 28 anos, foron arrestados mentres cubrían unha manifestación de mulleres fronte á comisaria de Kabul. Trasladados ao interior das instalacións policiais, os dous homes recibiron unha malleira que lles deixou feridas e contusións por todo o corpo. Despois de catro horas en comisaría, os dous homes foron liberados.

Noticias web

10/09/2021