Dous xeadeiros galegos, entre os mellores de España
Publicado o 25/02/2019 19:01
Acaban de participar nun concurso en Intersicop, o Salón Internacional de Panadería, Pastelería, Xeadería e Café. Un é de Cangas, o outro residente en Menorca. Representan dúas formas de entender o xeado.
Rubén é a vangarda do xeado. Así se define. A ruptura con todo o coñecido ata agora. Sen receitas nin libros. Creación sen límites cun papel e un bolígrafo. O seu traballo céntrao na descontextualización da tradicional gastronomía galega.
Juan Carlos, galego establecido en Menorca, aposta por un xeado máis tradicional, o máis natural posible. Coa materia prima saída da súa propia horta.
Dúas formas de entender o xeado que serven para estar entre os mellores de España.