CRTVG

Buscar

Dous veciños de San Roque de Corón enfróntanse pola titularidade dun camiño que ambos comparten

Publicado o 05/04/2021 14:43

Dúas familias que viven porta con porta e un camiño que ningúen ten claro a quen pertence son as protagonista dun conflito veciñal no lugar de San Roque de Corón. Unha das partes alega que o camiño é da súa propiedade e que dende hai pouco máis dun ano foron informados de que o que crían que era seu pasou a ser un camiño público. 

Os propietarios da outra vivenda que a diario empregan o camiño para acceder ao seu pendello defenden a titularidade pública do terreo. 

Todo apunta a que terá que ser a xustiza a que poña punto e final a un enfrontamento que ten ao límite estes veciños. 

 

Noticias web

05/04/2021