CRTVG

Buscar

Dous varóns falecen a causa da covid−19 en Galicia este mércores

Publicado o 22/09/2021 20:25
Dous varóns falecen a causa da covid−19 en Galicia este mércores

O Sergas notificou este mércores o falecemento de dúas persoas que foran diagnosticadas con coronavirus. Polo tanto, o número de vítimas elévase a 2.625 desde o comezo da pandemia en Galicia.

Os decesos son os dun home de 90 anos no CHUS e doutro home de 77 anos en Povisa.

Segundo informa Sanidade, ambos padecían patoloxías previas.

Noticias web

22/09/2021