CRTVG

Buscar

Dous seguidores do Sevilla, acoitelados en Roma nunha liorta multitudinaria

Publicado o 14/02/2019 16:41

O enfrontamento ocorreu nas proximidades do coliseo romano, no centro da capital italiana, e nel participaron preto de medio cento de afeccionados do Lazio e do Sevilla.

Algúns dos participantes na liorta ían armados con coitelos e paus. Catro persoas, dous españois, un estadounidense e un inglés, quedaron feridos. Os dous máis graves son dous seguidores sevillistas, que permanecen ingresados nun hospital local. Os dous sevillistas feridos formaban parte dun grupo de afeccionados do club andaluz desprazados a Roma para presenciar o partido de ida da eliminatoria da Liga Europa que disputan esta noite o Lazio e o Sevilla.

A policía romana investiga o sucedido e trata de identificar os agresores.

Noticias web

14/02/2019