Dous positivos en covid-19 en Navantia Ferrol e 24 traballadores en corentena

Navantia Ferrol rexistra este venres dous casos de coronavirus entre os seus empregados, un da principal e outro dunha empresa auxiliar, mentres que outros 24 permanecen en corentena por seren contactos estreitos, informa Comisións Obreiras.
Segundo os datos facilitados por CCOO, un dos infectados é un traballador dunha empresa auxiliar que traballa no departamento de reparacións e do que se informou a pasada fin de semana, polo que se confinaron quince compañeiros.
A estes quince contactos realizóuselles a proba PCR e trece deron negativo, mentres que dous permanecen á espera, pero todos eles deben cumprir igualmente a corentena, segundo os protocolos sanitarios.
O outro empregado con covid-19, do cal se informou onte, traballa no almacén, motivo polo cal outros catro compañeiros foron postos en corentena.
En todos os casos, apunta a mesma fonte, fíxose un mapa de contactos polo Sergas e outro "máis amplo" por Navantia. Ademais, realízanse as "desinfeccións necesarias" nos lugares que poderían estar contaminados.