CRTVG

Buscar

Dous policías fóra de servizo salvan unha muller de morrer afogada en Benidorm

Publicado o 02/07/2021 08:43
Dous policías fóra de servizo salvan unha muller de morrer afogada en Benidorm

Dous policías fóra de servizo que estaban nun restaurante de Benidorm salvan unha muller de morrer afogada. Nun principio, a muller foi auxiliada por outras persoas que estaban no establecemento. Os policías déronse conta de que empeoraba por momentos. Identificáronse como policías nacionais e iniciaron a manobra de Heimlich con ela, con necesidade mesmo de relevárense entre ambos na manobra de auxilio, ata que conseguiron que respirase.

Noticias web

02/07/2021