CRTVG

Buscar

Dous policías deteñen un home por tirar da furgoneta unha muller en Madrid

Publicado o 14/02/2019 20:50

Dous axentes da Policía Nacional fóra de servizo detiveron en Madrid un home de 25 anos por tirar unha muller dunha furgoneta mentres a agredía. A muller, de 28 anos, estaba ensanguentada e presentaba feridas. O home alegou que a muller se desmaiara, pero os axentes identificárono, auxiliaron a muller e chamaron a Garda Civil e os servizos sanitarios. Foi detido e agora está sendo investigado por un delito de malos tratos.

Noticias web

14/02/2019