Dous policías convértense en heroes ao salvarlle a vida a unha anciá atragoada na Pobra do Caramiñal
Nunca un caramelo deu tanto que falar na Pobra do Caramiñal. Dous axentes da Policía Local salváronlle a vida a unha muller durante a celebración da Cabalgata de Reis. Atrogouse cunha lambetada e tiña dificultades para respirar o que fixo que Proteción Civil pedira axuda aos axentes que estaba de patrulla.
Marcos e Diego non pasaron un día de Reis normal. Nas súas mans estivo a vida dunha veciña que foron quen de salvar. Unha intervención que se gañou o recoñecemento e a gratitude de toda a vila.
Marcos Rodríguez Iglesias, Policía Local da Pobra do Caramiñal: " Accedemos a metade do viaxe en vehículo e a metade a pé correndo e cando atopamo a señora efectivamente se estaba asfixiando, fixémoslle a manobra de Heimlich desobstruimoslle as vías aéreas, claro."
Diego Lamas Longarela, Auxiliar de Policía Local da Pobra do Caramiñal:" A señora xa estaba comezando a coller unha entoación azul nos beizos. Era unha persoa maior entre 70 e 80 anos, tiña probleas, creo que de Alzheimer, polo que decían os familiares, entón non respostaba a estímulos, decíamos que tusira ao mesmo tempo, non era capaz de facelo."
A muller estaba nesta rúa cando estaba a comer un caramelo os que repartían na Cabalgata de Reis. Os membros de Protección Civil viron que a ancía manifestaba síntomas de asfixia. Entón pediron axuda por radio e os axentes que estaban vixiando o bo desenvolvemento do acto e dirixíronse o máis rápido posible para darlle auxilio a muller.
Diego Lamas Longarela, Auxiliar de Policía Local da Pobra do Caramiñal: "Houbo un momento en que pensamos que non a salvávamos porque xa, eu creo que pasaron uns 7 ou 8 minutos, entre a aglomeración de xente para conseguir chegar ao lugar e claro foi bastante tempo que estivo coas vías obstruidas totalmente."
Marcos Rodríguez Iglesias Policía Local da Pobra do Caramiñal:"Non pasa moi a miudo, pero cando pasa hai que collelo así."
Marcos e Diego seguen traballando como tódolos días, iso si, coa satisfacción do deber cumprido e dispostos a volver a axudar a todo aquel que o precise.