CRTVG

Buscar

Dous partidos para que o Liceo se poña a un só punto do Barça

Publicado o 28/04/2021 19:33


O Liceo encara a recta final de liga coa intención de pelexar polo título ata a derradeira xornada. O Barça ten sete puntos de vantaxe, pero o Liceo ten dous encontros adiados, os que vai disputar mañá na pista do Vendrell e o sábado ante o Palafrugell. Os dous en terras catalás. Se o Liceo gaña os dous encontros, colocarase a un só punto do Barcelona. Calafell, Caldes, Reus e Lleida completan o esixente calendario dun Liceo que está disposto a pelexar pola liga ata o final.