Dous mozos vigueses, ingresados por consumir substancias alucinóxenas
Publicado o 06/09/2021 15:24

Dous mozos vigueses resultaron gravemente afectados tras consumir substancias alucinóxenas. Ambos, un home e unha muller tiveron que ser trasladados ao hospital Álvaro Cunqueiro.
Ocorreu nun hotel de Vigo. O recepcionista alertou de que se estaban a producir berros nun dos cuartos. Cando a policía chegou atopou a muller golpeándose contra o mobiliario, e o home totalmente inmóbil. Ao hotel acudiu unha ambulancia do 061 que os trasladou ao hospital vigués.