CRTVG

Buscar

Dous mozos gravan o seu propio accidente de tráfico en Tenerife

Publicado o 05/08/2020 15:46

Novo caso de condución temeraria que nos chega dende Tenerife. Neste caso dáse a circunstancia de que foron os propios ocupantes do vehículo os que gravaron o seu propio accidente mentres conducían a gran velocidade por unha estrada. O accidente produciuse tras adiantar unha motocicleta.

Descoñécese se os mozos quedaron feridos no accidente. As autoridades xa abriron unha investigación para esclarecer os feitos.

 

Noticias web

05/08/2020