Dous mozos falecidos nun choque múltiple na Rioxa
Publicado o 16/12/2020 08:04
Dous mozos de 18 e 16 anos morreron en Tudelilla, A Rioxa, nun sinistro de tráfico acontecido o martes contra o mediodía. Foi un choque múltiple entre unha ambulancia, outra furgoneta e o turismo en que viaxaban as dúas vítimas mortais con outras tres persoas. Outros dous ocupantes do turismo quedaron feridos graves. Os condutores da ambulancia e da outra furgoneta quedaron con feridas de carácter leve.