CRTVG

Buscar

Dous mortos nun tiroteo preto do Pentágono

Publicado o 04/08/2021 09:47
Dous mortos nun tiroteo preto do Pentágono

Un policía morreu e varias persoas quedaron feridas nun tiroteo nas inmediacións do Pentágono. A gran sede do Departamento de Defensa de Estados Unidos bloqueou as súas portas durante unha hora e media debido ao suceso que ocorreu na estación de metro máis próxima ao edificio federal.

Segundo as forzas de seguridade, o sospeitoso recibiu disparos da policía e morreu no lugar. Os traballadores da sede do Exército estadounidense deberon permanecer no recinto mentres a policía traballaba na área.

Noticias web

04/08/2021