Dous mortos nun accidente de helicóptero en Sevilla
Publicado o 27/07/2020 21:39

En Sevilla, dúas persoas morreron nun accidente de helicóptero. O sinistro ocorreu arredor das oito da mañá. O aparello voaba moi preto do chan e chocou cunha árbore. Foi unha testemuña a que alertou os servizos de emerxencias.
A Garda Civil investiga agora se este sinistro está relacionado co tráfico de drogas. Non é normal que o aparello fose tan baixo e, ademais, o helicóptero non tiña plan de voo, algo necesario para poder circular. Os dous falecidos son un home colombiano e un español de entre 30 e 40 anos.