CRTVG

Buscar

Dous mortos en Texas tras o accidente dun coche autónomo que non levaba condutor

Publicado o 19/04/2021 08:43
Dous mortos en Texas tras o accidente dun coche autónomo que non levaba condutor

Dúas persoas morreron nos EUA tras o accidente dun coche autónomo de Tesla que non levaba ninguén ao volante. O sinistro aconteceu no condado de Harris, no estado de Texas.

Un dos falecidos ía no asento do copiloto e outro no asento de atrás, pero as autoridades teñen a certeza de que ninguén conducía o coche no momento en que este impactou contra unha árbore cando ciirculaba a gran velocidade. A empresa emitiu un comunicado en que pide atención en todo momento á condución.

Noticias web

19/04/2021