CRTVG

Buscar

Dous mortos e vinte feridos nun tiroteo á saída dun concerto en Miami

Publicado o 31/05/2021 08:26
Dous mortos e vinte feridos nun tiroteo á saída dun concerto en Miami

Dúas persoas morreron e vinte quedaron feridas nun tiroteo ocorrido á saída dun concerto nun local nocturno da cidade estadounidense de Miami. A policía busca os pistoleiros, tres homes que baixaron dun automóbil e dispararon indiscriminadamente contra os asistentes ao concerto.

A maioría dos feridos trasladáronse polos seus propios medios ao hospital. Segundo a prensa local, un deles permanece en estado crítico.

Noticias web

31/05/2021