CRTVG

Buscar

Dous mortos e un ferido grave nun accidente na Pobra do Brollón

Publicado o 01/11/2020 03:06
Dous mortos e un ferido grave nun accidente na Pobra do Brollón

Dous homes faleceron este sábado nun violento accidente de tráfico rexistrado no concello lugués da Pobra do Brollón, tras colidiren dous vehículos.

Un dosomes, de 71 anos, morreu no acto. O outro, de 42 anos, faleceu despois no hospital Lucus Augusti. Hai, ademais, unha terceira persoa ferida grave.

O sinistro ocorreu este sábado, ó fío das sete da tarde, na estrada nacional 120 á altura de Abrence. Os bombeiros de Monforte e mailo GES de Quiroga trasladáronse ata o lugar do sinistro para excarcerar as vítimas de entre a ferralla.