CRTVG

Buscar

Dous mortos e nove feridos nun intento de asalto a un cuartel en Haití

Publicado o 24/02/2020 08:16

Polo menos dúas persos morreron ao intentar un grupo de policías descontentos coas súas condicións laborais asaltar o cuartel xeral do Exército haitiano en Porto Príncipe. No tiroteo quedaron feridas outras nove persoas, tres delas civís.

Os enfrontamentos estendéronse aos exteriores dunha emisora de radio local e a outras zonas da capital haitiana, que celebraban o seu Carnaval. Este foi suspendido.

Haití vive unha grave inestabilidade política e social por causa das acusacións de corrupción que afectan ao presidente e mais polo incremento da inseguridade.

Noticias web

24/02/2020