CRTVG

Buscar

Dous mortos e doce feridos nun supermercado en Tennessee

Publicado o 24/09/2021 08:39
Dous mortos e doce feridos nun supermercado en Tennessee

Nos Estados Unidos, un tiroteo nun supermercado preto de Memphis, no estado de Tennessee, deixa dous mortos e doce feridos. Un dos falecidos é o atacante, que, segundo o xefe da policía, actuou só e suicidouse antes de ser detido. O tiroteo aconteceu á primeira hora da tarde. Moitos empregados e clientes lograron agocharse nas oficinas ou nos cuartos de refrixeración dos alimentos. Algunha das persoas feridas está moi grave.


 

Noticias web

24/09/2021