CRTVG

Buscar

Dous montañeiros morren por esgotamento no monte Everest

Publicado o 13/05/2021 19:36
Dous montañeiros morren por esgotamento no monte Everest

Eran un suízo de 41 anos e un americano de 55. Un faleceu no descenso. O outro, pouco despois de chegar ao campo base. O reflexo do sol na neve produciulles a ambos lesións nos ollos, a coñecida como cegueira da neve. Os corpos están localizados a unha altura de 8.000 metros. Pero o mal tempo impide polo de agora baixalos ata a cidade e repatrialos aos seus paises de orixe. Estas son as 2 primeiras mortes da tempada nuna montaña que xa se cobrou a vida de máis de 300 persoas.

 

Noticias web

13/05/2021