Dous meses para negociar unha nova investidura
O fracaso da investidura abre automaticamente a conta atrás para a repetición electoral. Agora hai un prazo de dous meses, ata o 23 de setembro, para negociar e que algún candidato consiga a confianza do Congreso.
Podemos ve marxe para un acordo."Nos temos a man tendida e estamos dispoñibles para negociar", di Ione Belarra.
Pero o PSOE mesmo evita concretar se o presidente en funcións o vai volver intentar. "Pedro Sánchez xa non é o candidato. E en setembro ademáis haberá outros problemas", apuntaba o socialista Rafael Simancas.
Pero o apoio de Podemos e insuficiente e se a sentenza do xuízo do procés se dicta nese periodo podería condicionar apoios nacionalistas cos que si contaba Sánchez desta volta.
"Este outono será quizais o máis complicado dos últimos anos e vai ser un mal momento para facer política", recoñecía Gabriel Rufián, de Esquerra Republicana.
E tanto Ciudadanos como o PP pechan as portas a cambiar o seu voto en setembro. "Non se poden ofrecer ministerios a Podemos un día e pedir ao seguinte a abstención do Partido Popular", dixo o popular Teodoro Garcia Egea.
Se o 23 de setembro non hai investidura disolverianse as Cortes e convocarianse uns novos comicios que se celebrarían o 10 de novembro. Serían as cuartas eleccións xerais en catro anos.