Dous homes detidos e dous viveiros de marihuana desmantelados en Teo, A Coruña
Axentes da Policía Nacional desmantelan dous viveros de marihuana e interviñen 16 quilos desta droga nunha operación en Teo, A Coruña. Na operación foron detidos dous homes de 41 e 68 anos.
A investigación, denominada como operación Green, logrou desmantelar este centro de cultivo desde o que os detidos abastecían Santiago de Comopostela e a súa área de influencia, segundo destaca a policía nun comunicado.
Os viveiros estaban en dous chalés situados en Teo, a escasos quilómetros de Santiago de Compostela, e nos rexistros domiciliarios realizados os investigadores comprobaron como cada un contaba con diferentes salas en función do grao de crecemento das plantas, así como outra destinada ao secado.
Entre os obxectos incautados figuran 90 lámpadas de calor, 10 termóstatos de temperatura e humidade, 4 filtros catalizadores industriais, 10 extractores de aire industriais, 1 extractor industrial específico para o pole de cánnabis, 36 ventiladores, 49 transformadores, 12 cebadores, 2 depósitos de 200 litros cada un con instalación de rega automática e 2 deshumidificadores.
A droga intervinda son uns 16 quilos de marihuana, que xa estaba disposta en cogollos listos para o seu embolsado e posterior distribución.
Os investigadores estiman que a razón pola que esta importante cantidade de marihuana estaba almacenada, ten a súa explicación pola situación de confinamiento motivada polo COVID-19, indica a policía, que sinala que "o habitual" é que nestes viveros se distribúa rapidamente a marihuana recollida para dificultar o traballo das autoridades.
Na operación tamén foron comisados 4 quilogramos de picadura de marihuana, 632 plantas en diferentes fases de crecemento, así como 200 gramos de pole de cánnabis e diferentes útiles, tales como balanzas para pesar, unha envasadora ao baleiro, un ordenador portátil, unha pistola detonadora e 2.400 euros en efectivo.
A investigación foi realizada por funcionarios adscritos ao Grupo de Estupefacientes da Brigada Local de Policía Xudicial da Comisaría de Santiago de Compostela e os detidos foron postos a disposición dos Xulgados de Instrución nº 1 e 2 de Santiago de Compostela.