Dous homes danlle unha malleira a outro para roubarlle 260 euros en Vigo
Publicado o 08/10/2020 13:12

A Policía Nacional de Vigo detivo dous homes que lle deron unha malleira a outro para roubarlle a carteira. A vítima refuxiárase nas escaleiras dun edificio ao decatarse que o seguían pola rúa Brasil, no centro da cidade. Foi un veciño o que chamou a policía ao escoitar os berros de auxilio.
O mozo, de 30 anos, tivo que ser atendido en urxencias despois de recibir varias patadas na cabeza. Os axentes conseguiron localizar e deter os presuntos asaltantes, de 30 e 18 anos, que xa pasaron a disposición xudicial. Levaban enriba os 260 euros que roubaran.