CRTVG

Buscar

Xinzo, dous graos baixo cero pola noite, mínima de España, superará os 20 polo día

Publicado o 13/10/2021 14:14

A temperatura máis baixa hoxe de toda España, segundo a AEMET, foi en Xinzo. Esta friaxe das primeiras horas do día contrasta coas temperaturas agradables que teñen na Limia polas tardes. Onte a máxima en Xinzo foi de 25 graos, para hoxe dan 22.

A oscilación térmica que se dá en Xinzo de xeito extremo é xeneralizada en toda a provincia de Ourense. Con estes bruscos cambios de temperatura, din na rúa, escoller a roupa está difícil. Na cidade de Ourense, a oscilación térmica supera tamén os 20 graos.

Noticias web

13/10/2021