Dous gardas civís salvan a vida dun veciño no Barco de Valdeorras
Publicado o 03/03/2020 14:07
Antonio e Fernando estaban a patrullar nunha rúa do Barco de Valdeorras cando escoitaron os berros desesperados unha moza pedindo axuda. O seu pai acaba de caer e estaba gravemente ferido.
Evitaron que perdera o coñecemento e chamaron ao 061 pero ante a gravidade do seu estado deciron trasladalo coche patrulla.
Ao saír do domicilio atopáronse xa coa ambulacia. Os sanitarios conseguiron estabilizalo e trasladarono ata o hospital, escoltado polos axentes que lle salvaron a vida.