Dous galegos aparecen na fotografía elixida polo Rei para acompañar a mensaxe
Publicado o 25/12/2019 14:41
Tras Filipe VI, hai unha soa fotografía onde están o Rei, a Raíña, a princesa Leonor e a infanta Sofía cos cidadáns que recibiron este ano a condecoración da Orde do Mérito Civil. Entre eles, José Antonio Gómez, Joselito, ex-patrón maior da Confraría de Portonovo. Hoxe contounos como viviu este momento. Di sentirse dobremente orgulloso, da condecoración e deste novo xesto.
Non é o único galego nesta fotografía. Ademais está a profesora Avelina Amado, condecorada tamén por ser un exemplo para a sociedade civil.
E xa o final da mensaxe do Rei, sucedéronse cinco fotografías de actos de especial relevancia para a Familia Real durante este ano, dous deles protagonizados pola princesa Leonor.