CRTVG

Buscar

Proxéctanse dous filmes galegos na xornada inaugural do Festival de San Sebastián

Publicado o 18/09/2021 08:30

Na noite deste venres proxectáronse no Festival de San Sebastián dous filmes de produción galega. É a xornada inaugural da edición número 69 do certame cinematográfico. 

Están afastados da alfombra vermella oficial pola que desfilan este venres Marion Cotillard, Penélope Cruz ou Antonio Banderas, pero teñen o seu espazo para reivindicar outro tipo de cinema, e contar as cousas dende outro lugar. Así, Eles transportan a morte proxéctase en Tabakalera, espazo da sección Zabaltegi, con cheo absoluto e co ruxerruxe dun filme que vén premiado de Venecia polo seu risco a nivel formal e narrativo.

Afondar na historia da viaxe de Colón a América desde personaxes non protagonistas que aparecen nos libros. Aínda que a historia semelle xa contada sempre haberá oco para reinterpretala. E dentro dos milleiros de posibilidades, Eles transportan a morte escolleu dos mariñeiros que viaxaban con Colón cara a América con parada nas Canarias. Os que viaxaban e as que agardaban, as mulleres dos mariñeiros que sobreviven en Galicia exercendo a sororidade coas iguais nun claro enfoque de xénero. 

En Zinemira, onde o cine vasco mira a súa produción, aquel neno que soñaba con cantar chamado Evaristo Páramos chegou ao estrelato do punk grazas ás súas letras en La polla records. Un documental sobre a vida desde a música. Unha visibilidade que reformula a historia oficial.

Noticias web

18/09/2021