Dous feridos tras un aparatoso accidente en Tomiño
Publicado o 11/06/2020 14:16
Dúas persoas quedaron feridas esta mañá tras un aparatoso accidente entre dous vehículos en Tomiño.
Vexan como quedou un dos coches, literalmente aplastado despois de bater contra unha casa e de que lle caese enriba unha columna de formigón. Ata o lugar trasladáronse os bombeiros do Baixo Miño, Protección Civil e dúas ambulancias do 061, que trasladaron os condutores ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.
A pesar das imaxes que deixa o sinistro, as súas feridas non son graves.