CRTVG

Buscar

Dous feridos nun accidente múltiple na AP-9 en Vigo

Publicado o 25/10/2019 12:03

Dúas persoas quedaron feridas esta mañá en Vigo nunha colisión múltiple por alcance en que se viron implicados 3 vehículos. 

O sinistro ocorreu na autoestrada AP-9, á saída da ponte de Rande en dirección a Vigo, e provocou importantes retencións. Ata o lugar trasladáronse a Garda Civil de Tráfico, persoal do Servizo de Autoestradas e efectivos do 061, que evacuaron os dous feridos ao Hospital Ávaro Cunqueiro. Afortunadamente, o seu estado non é grave.

Noticias web

25/10/2019