Dous feridos nun accidente con catro coches implicados en Miño

Dúas persoas resultaron feridas esta mañá en Miño, tras unha colisión múltiple na que se viron implicados catro turismos, informou o 112 Galicia.
O accidente ocorreu sobre as 8.15 horas, cando varias persoas particulares contactaron con Emerxencias para informar dun accidente na estrada N-651 que une os concellos coruñeses de Miño e Ferrol, á altura do punto quilométrico 10, con varios vehículos implicados.
Desde o 112, solicitouse a intervención dos profesionais sanitarios, dos Bombeiros de Betanzos e dos axentes da Garda Civil de Tráfico e Policía Local.
Así mesmo, pediuse a colaboración dos voluntarios de Protección Civil da localidade e do persoal do servizo de mantemento da estrada.
Xa no lugar, e finalizadas os labores de excarceración, os equipos de emerxencia confirmaron o traslado de dúas persoas ata o centro hospitalario de referencia.